A vinganza dos Pokémon comeza en Basilea

A cidade de Basilea é un punto de grande atractivo turístico, que chama aos seus visitantes a pasear pola beira do Rin, entrar nas súas ducias de museos, asistir...

A cidade de Basilea é un punto de grande atractivo turístico, que chama aos seus visitantes a pasear pola beira do Rin, entrar nas súas ducias de museos, asistir a impresionantes actuacións teatrais, probar a súa gastronomía, escoitar as súas orquestras e ¡¿xogar a Pokémon GO?!

Mellor ir tachando esta última actividade da axenda turística, xa que na cidade suíza os Pokémon están a vingarse:

Sen dúbida unha xenialidade do departamento de Turismo da cidade, que convida a cazar Pokémon pola poboación, aproveitando que hai multitude de PokéParadas (dado o elevado numero de monumentos e enclaves turísticos); a presenza dun río (para así poder pillar algún Pokémon de auga), xardíns e moitas outras localizacións que garanten diversidade de criaturas a capturar; e incluso teñen programado un festival de Pokémon GO para o 17 de setembro.

Sorpréndeme que a estas alturas non argallasen nada semellante co Camiño de Santiago. 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...