Viñetas desde o Atlántico 2016 xa ten cartel

Do lapis de Keko saíu o cartel para a vindeira edición de Viñetas desde o Atlántico: A cita será entre os días 8 e 14 de agosto, toda unha...

Do lapis de Keko saíu o cartel para a vindeira edición de Viñetas desde o Atlántico:

vinhetas_13406778_10208244358124234_5559352695443527336_n

A cita será entre os días 8 e 14 de agosto, toda unha semana de frikerío coruñés; pero lembramos aos máis impacientes que en xullo tamén haberá evento friki local, a Hobbycon, que este ano celebrarase entre os días 14 e 17.

Sobre o cartel, admito que a tipografía e a Torre de Hércules comezan a aburrir (o logotipo, en cambio, paréceme eterno) e igual vai sendo hora de optar por alternativas, pois quedaría igual de coruñés que a ilustración estivese ambientada no Obelisco, no Castelo de San Antón ou ¡no túnel do Parrote! 😄

ACTUALIZACIÓN: Resulta que Hobbycon tamén estrea cartel, obra de Adrián Prado:

hobbycon_13427749_1711262795800083_8441313201377757821_n

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS