A semana comeza cunha vaga de tráilers

Non sei como fan os da industria do cine e a televisión, pero iso de meter no mesmo día unha chea de tráilers non parece o máis cabal, e...

Non sei como fan os da industria do cine e a televisión, pero iso de meter no mesmo día unha chea de tráilers non parece o máis cabal, e a poucas horas de que a Warner sacase un novo vídeo promocional do filme do Escuadrón Suicida, chegan outros bombazos. Iso si, fíxome graza o feito de que o novo tráiler de Suicide Squad estea animado por unha versión de Ballroom Blitz (tema que pese a ser de Sweet eu sempre lembro pola súa versión de Tia Carrere en Wayne’s World) cando un dos tráilers anteriores empregara precisamente Bohemian Rhapsody:

Outra película da banda deseñada que tamén estrea tráiler dos gordos é Ninja Turtles: Fuera de las Sombras, que xa amosa con moito detalle o que será a nova produción protagonizada polas Tartarugas Mutantes, que promete afastarse un chisco da anterior entrega para achegarse un pouco á serie televisiva orixinal:

Tamén no ámbito das viñetas temos o novo anuncio televisivo de Capitán América: Guerra Civil:

E manténdose na televisión, o que para moitos foi o prato forte da xornada, chega o segundo tráiler de Game of Thrones:

Alguén dixo hype?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS