Ponferrada tamén ten o seu evento friki

Que o BOOM! Film & Comic fuxise do mes de marzo ao de maio non quere dicir que todos os eventos frikis do contorno adiaran a súa celebración e...

Que o BOOM! Film & Comic fuxise do mes de marzo ao de maio non quere dicir que todos os eventos frikis do contorno adiaran a súa celebración e a terceira edición da Freak Zone de Ponferrada celebrouse entre os días 24 e 27 de marzo, con bastante participación galega, como podemos ver no seguinte vídeo:

Cando menos recoñecín a Patricia Ookami Rowan, Dorothy Drouks Smith, Bannana e Vicky de Phoenix Cosplay, pero cónstame que foi moita xente da habitual de Hobbycon, ExpOtaku e outros eventos frikis galegos, polo que iso de afastarse no calendario dos meses do verán pode estar ben para achegar a xente con mono dun ámbito xeográfico máis amplo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS