A 2ª tempada de Daredevil chegará o 18 de marzo

A serie de Daredevil foi unha das grandes sorpresas en Netflix, especialmente pola grande acollida que conseguiu, de xeito que incluso fixo cambiar a planificación das series Marvel, engadindo...

A serie de Daredevil foi unha das grandes sorpresas en Netflix, especialmente pola grande acollida que conseguiu, de xeito que incluso fixo cambiar a planificación das series Marvel, engadindo unha segunda tempada das aventuras de Matt Murdock, que chegará entre Jessica Jones e Luke Cage, ampliando o universo da Cociña do Inferno, e da que finalmente temos data de estrea: o 18 de marzo.

Nesta nova tempada veremos como entra no taboleiro un novo xusticeiro, Frank Castle, que transfórmase no Castigador na súa busca de vinganza, o que suporá todo un conflito para Daredevil, que tamén cruzarase cun personaxe que está desexando ver o público: o seu vello amor, Elektra Natchios.

Conseguirá esta nova tempada manter o nivel da anterior?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS