Unha canción para resumir a triloxía orixinal

A poucas horas da estrea de El Despertar de la Fuerza cómpre botar un repaso á triloxía orixinal, e un magnífico xeito de facelo é ver un resumo a...

A poucas horas da estrea de El Despertar de la Fuerza cómpre botar un repaso á triloxía orixinal, e un magnífico xeito de facelo é ver un resumo a xeito de canción que fixeron os mozos de The Warp Zone (os mesmos que facían a versión a cappella da sintonía da Patrulla X e incluso parodiaban a canción de PatoAventuras).

A min o tema lémbrame moitísimo ao We Didn’t Start The Fire de Billy Joel, aínda que, aparte do mérito que ten resumir 3 filmes en menos de 5 minutos, hai moitas bromas que farán que moito friki da saga escache coa risa.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS