Melide celebra a súa nova feira agroalimentaria

Tras unha reformulación chega Manxares, unha feira agroalimentaria organizada pola GDR Ulla Tambre Mandeo con carácter anual en colaboración co Concello tal e como adiantei o outro día, o que é unha...

produtos de Melisanto

Tras unha reformulación chega Manxares, unha feira agroalimentaria organizada pola GDR Ulla Tambre Mandeo con carácter anual en colaboración co Concello tal e como adiantei o outro día, o que é unha proposta moi ousada, xa que as fins de semana de decembro parecen acaparadas polos centros comerciais das cidades, que incluso abren os domingos.

Esta iniciativa achega produtos do país de grande calidade, e o certo é que se miras a selección de expositores que teñen presenza este ano dificilmente podes queixarte. Carne, licores, repostaría… moito onde elixir, e un lugar que non se recomenda visitar con fame, para non deixarse levar.

a vaca Mazarica

Polo que vin da xornada do sábado a afluencia de público foi moi reducida, como era de agardar, pero confío en que o domingo pola mañá a cousa vaia moito mellor, pois é o habitual nas feiras melidenses, aínda que é unha mágoa que o evento estea tan afastado do centro, e non en pleno casco histórico como acontece coa Festa do Melindre (o que pasa é que nesta época do ano programar un evento para o exterior é un risco elevadísimo).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS