Novo vídeo promocional de Legends of Tomorrow

Esta semana, como nos EE.UU. celebran Acción de Grazas, quedamos sen Arrow e The Flash, e para compensar, e de paso anunciar que a semana que vén terán crossover...

Esta semana, como nos EE.UU. celebran Acción de Grazas, quedamos sen Arrow e The Flash, e para compensar, e de paso anunciar que a semana que vén terán crossover entre ambas series, estrean un vídeo de adianto de DC’s Legends of Tomorrow:

Estamos ante a adaptación televisiva dos Heroes Esquecidos (The Forgotten Heroes), serie que ten unha pinta estupenda, e que botará a andar a primeiros do ano que vén. Tendo en conta os alicerces que deixan Arrow e The Flash só podemos agardar algo bo deste arriscado experimento no que mesturan superheroes e viaxes no tempo, que nunca funcionou moi ben na banda deseñada (as coleccións con Rip Hunter teñen o seu aquel, pero non conseguen callar non con Booster Gold como protagonista tirando de nostalxia). Crucemos os dedos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS