A CIFICON estrea cartel

Velaquí está. Xa temos cartel da CIFICON, o novo evento friki coruñés, que pretende alongar a tempada, de xeito que chega xa ao outono. Darán varios detalles do encontro...

CIFICON

Velaquí está. Xa temos cartel da CIFICON, o novo evento friki coruñés, que pretende alongar a tempada, de xeito que chega xa ao outono.

Darán varios detalles do encontro a partires desta semana, dos que xa adiantaron que haberá concurso de cosplay o sábado ás 18:00 horas, concurso de curtametraxes de ciencia-ficción e incluso un concurso de relatos curtos (pois o encontro vai contar cunha Zona Literaria).

O evento é toda unha incógnita, xa que estamos ante unha primeira edición, e nunha data menos atractiva que o verán, pero parece estar a acadar unha boa visibilidade entre o frikerío galego e, ao celebrarse a pouca distancia da volta de Star Wars ao cine, é moi probable que consiga converterse en toda unha festa.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS