Ladybaby, o novo fenómeno musical asiático

Case me dá vergoña que o vídeo musical de Lady Baby leve máis dunha semana en YouTube e eu aínda non o vise. Que frikada! (recomendo velo con subtítulos)...

ladybaby

Case me dá vergoña que o vídeo musical de Lady Baby leve máis dunha semana en YouTube e eu aínda non o vise. Que frikada! (recomendo velo con subtítulos)

Lady BabyA formación musical xaponesa está formada por Ladybeard (coido que está claro quen é na imaxe), acompañado por Rie Kaneko (de 17 anos) e Rei Kuromiya (de 14 anos) que fan unha música realmente rechamante e cunha posta en escena realmente graciosa, especialmente polo detalle de ver a un home barbudo con coletas bailando ao máis puro estilo J-pop, que se non fose porque o vídeo só é apto para os que estean familiarizados con estas cousas rariñas, converteríase nun fenómeno tan grande coma o Gangnam Style.

Seica Lady Baby está considerada como unha formación de pop metal, aínda que o líder da formación, que disque facía loita libre profesional en Australia, define o seu estilo como kawaiicore. Conseguirá converterse nun éxito global o vídeo musical co tema Nippon Manju? Ou limitarase a arrasar entre os amantes da cultura pop xaponesa?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS