Dragon Ball SUPER estrea intro

Hoxe estréase no Xapón a agardada secuela de Dragon Ball Z tras a que está destrás o mestre Akira Toriyama, de xeito que pasa polo arco do trunfo a...

Hoxe estréase no Xapón a agardada secuela de Dragon Ball Z tras a que está destrás o mestre Akira Toriyama, de xeito que pasa polo arco do trunfo a patética Dragon Ball GT, e para que nos fagamos unha idea do que achegará a nova serie xa podemos ver a súa cabeceira:

A evolución do debuxo animado é máis que evidente, acadando un nivel de calidade bastante elevado, imprescindible agora que as emisións son en alta definición. Queda agora por ver se a Galega e outras canles se anime a mercar rapidamente os dereitos de emisión, e o anuncian rapidiño, para que a xente non se bote ao tolo a descargar os episodios en xaponés para velos con subtítulos, como pasou con series como Naruto, o que foi unha grande oportunidade perdida).

ACTUALIZACIÓN: Tamén podemos ver a secuencia do peche da serie:

Dá a impresión de que en ambos casos buscan crear certo efecto nostálxico, para chegar ao corazón dos vellos seareiros da serie.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS