O PP revalida a súa maioría absoluta en Melide

Crin que chegada a noite ía estar varias horas pegado á pantalla actualizando os resultados das municipais en Melide, como outros anos, pero a cousa parece estar moi decidida....

Colexio electoral

grafico_melide_9_3_1Crin que chegada a noite ía estar varias horas pegado á pantalla actualizando os resultados das municipais en Melide, como outros anos, pero a cousa parece estar moi decidida. A primeira hora o resultado estaba nun claro 10 (PP), 2 (BNG) e 1 (PSdeG), que ao progresar o escrutinio e superar a barreira do 30% xa se mantén nun sólido 9 (PP), 3 (BNG) e 1 (PSdeG), o que parece ser un lixeiro crecemento en porcentaxe de votos do PP e do PSdeG a costa do BNG, o que non afectaría ao resultado. A Melide non chegou a forza das mareas, nin se deixou notar ningún vento de cambio.

ACTUALIZACIÓN (22:13) Sorpresa final! O PSdeG consegue gañarlle un concelleiro ao PP, o que non cambia a situación, pero supón un importante crecemento para a formación socialista (probablemente froita da súa campaña electoral).
Os resultados serían as seguintes:
PP: 2.713 votos (58,97%) e 8 concelleiros
BNG: 1.046 botos (23,13%) e 3 concelleiros
PSdeG: 745 votos (16,19%) e 2 concelleiros
Temos así que o PP, pese a perder 1 concelleiro (e algúns votos absolutos) medrou en proporción de voto. A grande caída foi para o BNG, forza que perdeu 569 apoios, o que é un número moi importante para unha vila la que gobernaban non hai tnto. Que o PSdeG medrase un 73% en número de votos é moi significativo, pero ser unha forza tan cativa na vila non ten repercusión na gobernabilidade.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS