Teaser oficial de Batman v Superman: Dawn of Justice

A semana que vén tiña que estrearse un teaser da película Batman v Superman: Dawn of Justice no que se amosasen imaxes do filme, pero ante a aparición dunha...

A semana que vén tiña que estrearse un teaser da película Batman v Superman: Dawn of Justice no que se amosasen imaxes do filme, pero ante a aparición dunha copia filtrada con malísima calidade decidiron loitar contra o lume con lume, e publicar o vídeo de adianto xa, para que a xente non levase unha mala imaxe do proxecto da Warner que debería servir de xermolo para a Liga da Xustiza:

Por fin vemos a Ben Affleck como Batman en acción, tanto co seu traxe normal como na armadura claramente inspirada no The Dark Knight Returns de Frank Miller, pero polo demais continuamos a saber moi pouco do que será finalmente a película. A ver se cando estreen un trailer de verdade podemso facernos unha idea da liña que vai seguir, pero polo momento dá a impresión de que estará na senda da última de Superman, o que non é necesariamente unha boa nova. 🙁

ACTUALIZACIÓN (22-4-2015):

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS