O Bichero en Melide

A Festa do Melindre deste ano está a quecer motores estreando logotipo e incluso cunha exposición de Luís Davila na Casa da Cultura, que estará aberta de 17:30 a...
Imaxe da exposición extraída dun álbum de Jorge Lama

Imaxe da exposición extraída dun álbum de Jorge Lama

A Festa do Melindre deste ano está a quecer motores estreando logotipo e incluso cunha exposición de Luís Davila na Casa da Cultura, que estará aberta de 17:30 a 21:00 horas até o 30 de abril, aínda que o máis interesante será o acto no que participará o autor o vindeiro día 24, cando amosará en directo a súa interpretación da Festa do Melindre cos seus personaxes, aproveitando a ocasión para asinar exemplares do seu novo volume:

O Bichero V

Eu xa encarguei a miña copia á Libraría Abrente de Bueu, que foi onde merquei os volumes anteriores, e cómpre agradecello coa fidelidade. Tamén é unha boa desculpa para saudar a Xosé Bangueses, a quen só vexo unha vez ao ano co gallo do MexilOnseTuits.

ACTUALIZACIÓN: Velaquí o cartel promocional da exposición de Davila:

cartel da exposición

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS