A Pale Tilla

Tras o éxito do Ferti Mon, Os Teletibus e A Bertolina, Dani Moreiras e os seus amigos de Páramo Pictures queren saturar o acceso a YouTube co seu novo...

Tras o éxito do Ferti Mon, Os Teletibus e A Bertolina, Dani Moreiras e os seus amigos de Páramo Pictures queren saturar o acceso a YouTube co seu novo vídeo, A Pale Tilla, no que fan burla do homenaxean o Noche y Día de Enrique Iglesias:

Desta volta téñeno difícil, xa que A Bertoline anda preto de millón e medio de reproducións, de xeito que o listón a superar está moi alto, pero se o conseguen, coido que os 300.000 euros estarían ben investidos. 😉

E se queredes ver ao Dani cunhas pintas realmente diferentes, non perdades o seu anterior vídeo, que tamén ten os seus toques musicais:

Si, parodiar a Rammstein, Loco Mía e a sintonía de Neighbours no mesmo vídeo é a rehostia! 😀

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS