Alita Comics inaugura a súa tenda en Compostela

A tenda Alita Comics, con establecementos na Ronda de Nelle e na Rúa Orzán, é todo un referente na Coruña, e agora, dentro do plan de dominación mundial de...

Inauguración de Alita Comics en Compostela

A tenda Alita Comics, con establecementos na Ronda de Nelle e na Rúa Orzán, é todo un referente na Coruña, e agora, dentro do plan de dominación mundial de Sanmi, invade a cidade de Santiago de Compostela, onde atoparon un local de auténtico luxo na Rúa Nova de Abaixo, ao ladiño da Praza Roxa. Estes días xa se pode pasar polas súas portas a botar un ollo e mercar algunha cousa antes da súa inauguración oficial, que será o vindeiro sábado ás 20:00 horas.

Mapa

Entre as vantaxes da tenda non están só os seus 250 metros cadrados de frikismo, senón tamén a súa localización, especialmente boa para que vai unha primeira vez, xa que trátase dun local moi recoñecible: non só está a poucos metros da segunda praza máis coñecida da cidade, senón que tamén ocupa o lugar dunha popular tenda de música, polo que con dar tal referencia é doado que a xente saiba ao momento onde queda o sitio. Que estea a uns metros de Follas Novas tamén axuda. Precisamente por isto último sospeito que a tenda vai saír moito en televisión, pois é moi habitual visitar tal tenda para facer reportaxes no día do libro ou cando hai un grande lanzamento, e unha vez desprazadas as cámaras até alí, será difícil que resistan a tentación de achegarse a Alita.

A vella tenda musical vista a través de Street View

A vella tenda musical vista a través de Street View

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS