Xa son un neurobeater

  Non só de comics vive a Radio CampUSCulturae, e tamén conta cun programa de ciencia e tecnoloxía, Neurobeat, conducido por David Leiro e Marta Trovo, e que tiveron...

 

neurobeatNon só de comics vive a Radio CampUSCulturae, e tamén conta cun programa de ciencia e tecnoloxía, Neurobeat, conducido por David Leiro e Marta Trovo, e que tiveron a atención de convidarme a participar na súa terceira entrega, de xeito que xa podo considerarme todo un neurobeater (especialmente despois de verme recibido con música de Kraftwerk, pois desa formación era a sintonía coa que comezaba hai un par de anos o programa Banda Ancha da Radio Galega).

A miña intervención foi telefónica, e conversei con eles sobre as novidades do Mobile World Congress de Barcelona, e espero que no futuro poida achegarme en persoa ao programa para que poida gozarse dunha mellor calidade de son e tamén para coñecer en persoa a esta xente preocupada pola divulgación científica e tecnolóxica que tanta falta fai na nosa sociedade.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...