A Hobby Con en Es Lo Que Hay

Dado que non vin aínda outro vídeo mellor da Hobby Con, comparto por aquí o episodio de Es Lo Que Hay (ELQH) dedicado ao encontro friki coruñés, no que...

Dado que non vin aínda outro vídeo mellor da Hobby Con, comparto por aquí o episodio de Es Lo Que Hay (ELQH) dedicado ao encontro friki coruñés, no que recóllense algúns momentos divertidos.

A coña do Xirarei gustoume e tamén a intervención de Charly, pero o de intentar facer risa con Alejandro García non foi o máis afortunado, considerar gracioso tocarlle os mandos a unhas persoas que están a xogar é de pailáns, e acudir a un evento dese tipo sen ter nin idea do que vai o conto… porque non coñecer Minecraft ten un pase, pero confundir Star Wars con Star Trek (en defensa do oficial imperial non podo evitar dicir que é un tío moi enrollado, que se prestaba a explicar todo o que había na exposición da Tropa Korriban) e non diferenciar ás princesas Disney resulta algo patético (e se o reporteiro o fixo a propósito, non ten graza). As reaccións a este vídeo nas redes sociais lémbrame ao que pasou no seu día co Tonterías las justas de Cuatro e a Expomanga.

Espero que, se ELQH (nome que non me simpatiza porque en Código TV tiñamos un programa titulado Écheoquehai) segue adiante, en vindeiras edicións da Hobby Con aposten por alguén como Víctor Grande para documentar o evento, que de seguro que o faría dun xeito máis divertido, e sabendo do que fala.

De todos os xeitos agradécese a reportaxe, pois é do pouco que pode verse do evento en vídeo (supoño que nos vindeiros días veremos algo máis, pois había bastantes cámaras por alí), e serve para rememorar o evento que máis me sorprendeu no que vai de ano.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS