Wismichu na Radio Galega

Esta tarde no programa Banda Ancha da Radio Galega puidemos falar uns minutiños co youtube máis coñecido da Coruña e parte do estranxeiro, o carismático Wismichu, que conta con...

Esta tarde no programa Banda Ancha da Radio Galega puidemos falar uns minutiños co youtube máis coñecido da Coruña e parte do estranxeiro, o carismático Wismichu, que conta con máis de 219 milleiros de subscritores en YouTube e acumula máis de 7,4 millóns de reproducións dos seus vídeos.

O fenómeno youtuber pode ser algo efémero, pero Wismichu parace saber levalo ben, e espero que manteña o pulo durante moito tempo, pois aínda que o seu estilo poida parecer demasiado agresivo, está dentro dunha linguaxe que moitos compartimos, e que fai que podamos botar unhas risas de cando en vez, que non é pouco.

Grazas á porta que abre a Rede podemos ter hoxe a figuras como David Perdomo en V Televisión, e espero que Wismichu vaia polo mesmo camiño, convertendo o que comezou como unha afección, no camiño a unha profesión para a que non parece que lle falte nin vocación nin talento.

Non podo deixar de agradecer a Jimmy de PixFans por falarme de Wismichu e incluso facilitarme o seu contacto. Espero que isto sexa só un primeiro chanzo para visibilizar a imaxe de Wismichu entre a xente da rúa que normalmente é allea ás tendencias na Rede. Así, para quen non coñeza a Wismichu, recoméndolle que bote unha ollada a algúns dos seus vídeos como o seguinte:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS