ExpOtaku 2013 (I): a cultura xaponesa invade EXPOCoruña

A pasada fin de semana celebrouse na Coruña a cuarta edición de ExpOtaku, o primeiro dos eventos coruñeses frikis que se desenvolverán ata o mes de setembro (despois teremos...

exterior de EXPOCoruña

A pasada fin de semana celebrouse na Coruña a cuarta edición de ExpOtaku, o primeiro dos eventos coruñeses frikis que se desenvolverán ata o mes de setembro (despois teremos HobbyCon, Viñetas desde o Atlántico e RatroCoruña), e centos de afeccionados ao manga, o anime e a cultura xaponesa en xeral (o que tamén inclúe o mundo dos videoxogos) xuntáronse para compartir experiencias e vivir toda unha festa na intimidade relativa que permite un encontro no recinto de EXPOCoruña.

Cómpre advertir de que estamos ante un evento de pagamento (podendo asistirse de balde o domingo de ir disfrazdo) o que evita a asistencia de curiosos e permite que a xente estea moito máis relaxada á hora de expresarse.


Un dos primeiros detalles que podemos considerar rechamantes de ExpOtaku é o feito de que considérese case imprescindible tomar ramen durante a feira, o que supoño que é unha tendencia posta de moda por Naruto.

E aínda que a estrea de Karate Kid está moi lonxe, incluso había un posto de bonsais, algo que me pillou totalmente por sorpresa.

Tendas, tendas


Pero dos costumes xaponeses que aceptamos neste tipo de eventos hai cousas que rozan o arrepiante, como un dos expositores, no que poidamos ver dende alfombras para o rato que tiñan tetas para facer de repousa-pulsos, ata dakimakuras, esas almofadas para apertar que só teñen sentido na mente dun nipón transtornado, e que supoño que dende España vemos máis como unha curiosidade para facer burla. Sospeito que máis de un compraría unha desas almofadas só para ver a cara que pon a xente ao seu redor cando marche con ela deibaxo do brazo.


Pero en Galicia seguimos a ter o fenómeno otaku moi asociado á serie As Bolas Máxicas, e pese a que a serie ten bastantes anos enriba, continúa moi de actualidade, estando dispoñible moita mercadotecnia de Son Goku que por desgraza non estaba dispoñible cando a serie arrasaba na TVG.


E, lembrando series da TVG, tampouco faltaban produtos relativos ao Dr. Slump e Arale, serie que foi a que fíxome ver a Son Goku no seu día (podiamos considerala como a pioneira en Galicia).


Aínda que as series modernas tamén están a ter o seu impacto, con algún que outro produto inspirado en Game of Thrones, e moitos outros dirixidos aos seareiros de The Big Bang Theory. ¿Unha serie protagonizada por frikis pode dar pé a produtos para frikis? ¡A esgalla!


Pero a meirande parte das tendas eran moitos máis tradicionais, con comics, carteis, chapas, figuras, bonecos, camisetas…


Outros produtos eran moito máis rompedores, con referencias a memes de Internet, videoxogos e moitas outras frikadas.


E, para completar a ecuación, a desaparecida tenda de comics coruñesa, Tanxencias, rexurdiu temporalmente nun expositor no que vendían produtos que na súa meirande parte nunca terían vendido no seu establecemento (como os gorriños ridículos). Espero que repitan a súa presenza no resto de feiras dos vindeiros meses, para poder seguir a ver a Fer e Sue no seu elemento.

Exposicións


E xusto ao carón de Tanxencias estaba a exposición de James Bond, que foi a única presente das 3 programadas pois por un problema loxístico non chegou o material do resto, o que déume algo de rabia porque tiña curiosidade pola exposición de androides do MUNCYT.

De aquí ao sábado continuarei a repasar este encontro en distintas entradas para non saturar cunha única anotación no blog.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS