Kick-Ass 2 estrea trailer

A película Kick-Ass foi toda unha sorpresa, principalmente por conseguir ter un bo funcionamento nos cines, pois aínda que o cómic no que se baseou estea moi ben, ese...

A película Kick-Ass foi toda unha sorpresa, principalmente por conseguir ter un bo funcionamento nos cines, pois aínda que o cómic no que se baseou estea moi ben, ese tipo de produto tende a trunfar só entre o público friki.

A boa acollida do filme fixo que o cómic tamén contase cunha nova tempada, que en agosto tomará a forma de película nos EE.UU. (a data de estrea en España aínda non se coñece). Como aconteceu no caso anterior, tamén se agarga que a nova película manteña as formas, pero mude radicalmente o fondo (Kick-Ass é unha adaptación moi curiosa a tal efecto, pois pese á súa grande fidelidade ao cómic, transmite xusto a mensaxe contraria).

Espero tamén que o filme non remate como o cómic, pois despedirse cun cliffhanger normalmente queda mal no cine (onde as esperas tenden a ser moi longas). Polo momento, conformémonos co prometedor trailer:

Tamén temos algunhas imaxes da película:

E parece que Jim Carrey vai encaixar moi ben no seu papel. Ten pinta de que vai tomar máis protagonismo do que lle correspondería realmente (e non me queixo para nada, ¿eh?).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS