Agosto2012

  • Be Water My Friend: a canción

    ¿Lembrades ao chinés ese que dicía bi guota, mai fren? Pois un tolambrán (James D. Boswell) non puido quitalo da cabeza e foi quen de convertelo nunha canción chulísima: Ver letra ▼ Empty your mind Be formless, shapeless Like Water Water can flow Or it can crash Be water...
  • Gangnam Style

    Nas últimas semanas publiquei varios vídeos musicais que estaban a parodiar o tema Call Me Maybe, que era o que estaba a arrasar en YouTube, pero este éxito de Carly Rae Japsen vén de ser destronado por un cantante coreano chamado PSY, e o seu temazo Gangnam Style: Non...
  • Atrapados pola tecnoloxía

    Esta semana descubrín unha serie de vídeos musicais de Mondo (a xente que fai os Happy Tree Friends) chamada Trapped In Technology coa que botei unhas boas risotadas. Esta carallada botou a andar en xuño cun tema dedicado á Internet e que servía así de episodio piloto: Pero coido...
  • Mercamelide celebrarase os días 1 e 2 de setembro

    A vindeira fin de semana celebrarase en Melide unha nova edición da feira de oportunidades Mercamelide, que está a promocionarse co seguinte cartel: Destacan nesta edición un obradoiro de reciclaxe para cativos que terá lugar o sábado, e a aposta ecolóxica que fai a organización ao regalar unha bolsa...
  • Star Wars Detours: A Gargallada das Galaxias

    Non podo ocultar que estou bastante decepcionado coa franquía de Star Wars, porque como ao final todo iso das Guerras Clon resultou ser unha trangallada que irrelevante amañada por Palpatine para converterse no Emperador, non entendo como é posible que continúen a darlle voltas na televisión. ¿Para que marean...
  • Nova edición de Mercamelide os días 1 e 2 de setembro

    Supoño que para a semana que vén faranlle publicidade, pero hoxe xa vin na páxina web de La Voz de Galicia o anuncio da vindeira edición de Mercamelide: La feria de saldos de Melide reunirá el 1 y 2 de septiembre a treinta comercios locales Después de un mes...
  • Proxección de <em>Vilamor</em> en Melide

    O outro día xa comentei que o filme Vilamor ía poder verse en Melide este venres, e quero aproveitar o recordatorio para avisar de que é moi probable que en vez de realizarse a proxección na Praza do Convento, teña lugar no pavillón do IES, en previsión de que...
  • O Campionato de Tirapedras xa ten gañadores

    Veño de recibir a nota cos gañadores do Campionato de Tirapedras que tivo lugar esta tarde en Melide: O vasco-ourensán Paco Montanos, vencedor absoluto do VI Campionato de Tirapedras da Galiza Central De notable éxito pode cualificarse o VI Campionato de Tirapedras da Galiza Central celebrado en Melide no...
  • Non gravedes vídeo en vertical

    A xente de Ustream vai permitir que os usuarios de iPhone poidan compartir vídeo en directo cos seus amigos a través de Facebook grazas a unha nova aplicación: Pero ao ver o vídeo de demostración sentín arrepíos, por ver que a xente estaba a colocar o móbil en vertical,...
Chíos e rechouchíos