Triqui, ese grande cantante azul

Si, para moitos Tricky é un grande cantante, pero eu prefiro as cancións doutro Triqui, o monstro das gallegas, que cando era cativo tiña un temazo que coido que...

Si, para moitos Tricky é un grande cantante, pero eu prefiro as cancións doutro Triqui, o monstro das gallegas, que cando era cativo tiña un temazo que coido que se chamaba Mi Galleta (porque he perdido mi galleta. ¡Búscala! Perdida está y suena la música coido que dicía a canción) pero resulta que nos EE.UU. segue a lanzar auténticos ghits, e nunha semana conseguiu achegarse aos 6 millóns de reproducións dos seu Share It Maybe:

O tema está moi lonxe da canción orixinal Call Me Maybe de Carly Rae Jepsen, que vai camiño dos 160 millóns de reproducións en YouTube, converténdose nun dos maiores éxitos do último ano:

De feito, nas últimas semanas o vídeo musical lidera o YouTube 100, aínda que eu preferiría que fose Triqui quen conseguise tal honra. Soñar é de balde. 😉

ACTUALIZACIÓN (17-7-2012): Veño de descubrir unha nova versión do tema de Carly Rae Japsen con fragmentos de Star Wars que ten o seu aquel:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS