Ghost In The Shell en Marineda City

Mañá ás 20:00 horas poderá verse nas pantallas de Cinesa en Marineda City a magnífica e imprescindible película de animación Ghost In The Shell, baseada nun manga igual de...

Ciclo de Anime en Marineda City
Mañá ás 20:00 horas poderá verse nas pantallas de Cinesa en Marineda City a magnífica e imprescindible película de animación Ghost In The Shell, baseada nun manga igual de significativo, e que inspirou claramente as escenas de tiros da primeira The Matrix á vez que introduce moitos conceptos cyberpunk que tamén son de agradecer para os que gusten de tal representación cultural.
O xoves 2 de agosto a película que continuará o ciclo será Evangelion 2.22, para rematar o día 9 con Fullmetal Alchemist: La Estrella Sagrada de Milos. Calquera destes filmes poderá verse por só 3 euros, e agardo que as proxeccións sexan todo un éxito para que repitan no futuro con outras producións.
Eu, pola miña banda, mañá perdereime a obra mestra de Mamoru Oshii, porque estarei na Quintana dos Mortos imitando a Carlton Banks:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS