O programa electoral do BNG melidense

O BNG de Melide publicou na súa páxina web o seu programa electoral resumido en 20 propostas: Candidatura do BNG de Melide que concorrerá ás vindeiras Eleccións Municipais do...

O BNG de Melide publicou na súa páxina web o seu programa electoral resumido en 20 propostas:

Soqui no cartel do BNGCandidatura do BNG de Melide que concorrerá ás vindeiras Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 para seguir gobernando en Melide con honestidade, eficacia e compromiso.
As vinte prioridades de goberno do BNG para Melide no novo mandato serán:
1.- Aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Creación de máis solo industrial, zonas verdes e aparcadoiro público no casco antigo.
2.- Mellara da rede de comunicacións por estrada , con especial atención á estrada Melide-Sobrado, e continuar coas vías de comunicación ca rural.
3.- Plano de apoio ao empresariado e ao comercio local. Mellara de máis rúas comercias e apoio a campañas publicitarias no sector.
4.- Completar a rede de locais sociais nas parroquias e equipar os actuais.
5.- Continuidade do Plan de lnfraestruturas no Medio Rural: dotación do servizo de saneamento, auga da traída e mellara do subministro eléctrico.
6.- Seguir coa transformación do río Furelos como destino turístico a potenciar.
7.- Xantar e lavandería a domicilio. Aumento do servizo de axuda a domicilio.
8.- Centro de formación e ocio máis completo para persoas discapacitadas.
9.- Continuidade do programa de supresión de barreiras arquitectónicas nos edificios públicos e nas rúas.
10.- Recuperación e posta en valor do naso patrimonio turístico, cultural e natural como produto turístico de calidade con especial atención ao Camiño de Santiago e á rehabilitación das aldeas de Furelos, Leboreiro e Santa María.
11.- Plano de rehabilitación de vivendas no casco histórico e progresiva eliminación do feísmo no casco antigo da vila.
12.- Ampliación do centro médico actual ou construción dun novo e demanda dun maior número de especialidades e de medios materiais e humanos.
13.- Soterramento de colectores de Iixo en novas rúas.
14.- Novas mellaras nas instalacións e equipamentos dos centros educativos,
15.- Programas específicos para a infancia, xuventude, persoas maiores, poboación dependente, persoas coas discapacidade, inmigrantes, etc.
16.- Programas de dinamización cultural para todos os colectivos. Creación de locais de reunión para as asociacións do concello.
17.-Fomento de programas de turismo termal e de coñecemento do País.
18.- Plan de saneamento financeiro. Redución de gastos, incremento dos investimentas reais e mellara na prestación dos servizos públicos.
19.-Continuar o programa de aforro enerxético no alumeao e edificios públicos.
20.-Numeración das vivendas do rural melidense.

Acompañan a estas propostas as fotografías dos candidatos nacionalistas:
Candidatos do BNG

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS