Todos cantamos Fuck You

O ano pasado non podía quitar da cabeza o Fuck You de Lilly Allen, e agora vén o tío de Gnarls Barkley, Cee-Lo Green, e provoca o mesmo efecto...

O ano pasado non podía quitar da cabeza o Fuck You de Lilly Allen, e agora vén o tío de Gnarls Barkley, Cee-Lo Green, e provoca o mesmo efecto en milleiros de persoas co seu novo Fuck You:

Porque non son eu o único que ten a canción metida no coco, senón que incluso 50 Cent dedicoulle un remix e pola Rede xa circulan homenaxes como a que segue:

O que é unha mágoa é que este temazo estea a acadar tanto éxito cando o disco non que vai publicarse non sairá ata decembro, aínda que supoño que Cee-Lo Green saberá manterse para que chegado o día poida ter unha boa xira de concertos, pois co vozarrón que ten non debería ter problema en arrasar alí por onde vai (e se vai disfrazado de Darth Vader xa non digo nada.).

ACTUALIZACIÓN (1-9-2010) Ante o éxito da canción de Cee-Lo Green, xa hai un vídeo musical oficial (e divertidísimo):

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS