Friends inspira unha parodia pornográfica

Marta Kauffman, a creadora de Friends está a preparar unha nova serie para a ABC, o que non impide que a súa vella serie continúe de actualidade grazas a...

Marta Kauffman, a creadora de Friends está a preparar unha nova serie para a ABC, o que non impide que a súa vella serie continúe de actualidade grazas a unha parodia porno, Friends: A XXX Parody:
Friends A XXX Parody reparto
Polo que vexo, as semellanzas entre os actores da serie orixinal e da revisión para adultos limítanse ao peiteado e pouco máis, quedando moi lonxe da parodia de La Hora de Bill Cosby. O que si quedou bastante ven foi o estoxo dos DVD, que ten un aire ao de Friends:
contraste de caixas do DVD
O que non remato de entender é que as películas pornográficas deste tipo teñan 2 discos (¿contidos adicionais? ¿escenas eliminadas? ¿montaxe do director?) cando para botar unhas risas chega con mirar o trailer:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS