Hoxe é o encontro blogueiro coruñés

A xente de Corublogs organiza a partir das 17:00 horas no Coffe Breaks! do Bulevar do Papagayo un Beers & Blogs ou encontro blogueiro que se non me falla...

Beers & Blogs no Coffee BreaksA xente de Corublogs organiza a partir das 17:00 horas no Coffe Breaks! do Bulevar do Papagayo un Beers & Blogs ou encontro blogueiro que se non me falla a memoria sería o primeiro deste tipo que non está convocado para unha fin de semana, o que sospeito que pode incrementar a asistencia de xente.
Nun principio, no blog de Raúl LordMaX Fernández aparece confirmada a asistencia duns 20 blogueiros, mentres que en Facebook a cantidade de asistentes dispárase a 33 confirmados (e 55 se cadra vou), aínda que eu fíome máis dos datos do blog que dos de Facebook, xa que nas redes sociais hai xente que confirma a súa asistencia sen pensar moi en serio o que está a facer (incluso hai quen ridiculamente o fai como apoio a unha iniciativa).
Apenas coñezo aos asistentes potenciais, e temo que é así porque están fóra do Blogomillo, pero de todos os xeitos de seguro que vai ser un evento interesante, no que achegar pareceres e experiencias sobre a blogosfera e o que nos leva a permanecer nela nun momento de estampida cara a plataformas máis dispersas coma Facebook, Tuenti, Twitter e semellantes.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS