Só quedan 6 memorias USB para hoxe

¡Menuda potra! Fun á nova páxina de +Internet+galego+futuro, mirei de qué ía o do sorteo de 7 memorias USB ao día, et voilà! Agora quedo coa dúbida da capacidade...

¡Menuda potra! Fun á nova páxina de +Internet+galego+futuro, mirei de qué ía o do sorteo de 7 memorias USB ao día, et voilà!
sorteo de memorias USB
Agora quedo coa dúbida da capacidade da memoria USB e a cor (pois o ficheiro coas bases do sorteo polo momento dá un erro 404 Not Found, polo que descoñezo eses detalles); e a marca non creo que sexa algo a ter en conta (supoño que será unha memoria serigrafiada con algún logotipo institucional). Incluso admito que me sorprendería que fose como as memorias que se ven na imaxe do sorteo (que teñen pinta de ser así pola composición cromática que permiten).

Para concluír, engadiría que botei en falta unha correcta ortografía na mensaxe na que se me notificou o premio, pois iso do q sorteamos é unha faltaza (estamos nunha web institucional, non nunha SMS entre colegas) e a palabra bolsillo, ata onde eu sei, non existe en galego.
O que non sei é por qué estou tan rosmón cando vou ter unha memoria USB nova sen gastar un can 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS