El Jueves dedica unha canción á nova ministra de Cultura

Vendo a que se estaba a montar na Internet por mor do nomeamento de Ángeles González- Sinde(scargas) os de El Jueves decidiron dedicarlle un vídeo musical: Sen entrar en...

Vendo a que se estaba a montar na Internet por mor do nomeamento de Ángeles González- Sinde(scargas) os de El Jueves decidiron dedicarlle un vídeo musical:

Sen entrar en materia, coido que sobra dicir que non gusto nada da elección da ministra, pois considero que ten moitos intereses no sector cultural como para poder manexar a política do Goberno estatal nesta materia, así coma prexuízos que deixan clara a súa parcialidade, pero o que realmente debería ser tema de debate é a existencia do Ministerio de Cultura, pois as competencias na materia están transferidas ás comunidades autónomas, polo que parece que se limitan a repartir subvencións (polémicas) a certos sectores, motivo que en si mesmo non xustifica un ministerio enteiro.

Ah, e lembrei publicar aquí este vídeo porque o sábado pola noite actuou en Melide o ¿cantante? Carlos Baute (quen interpreta xunto a Marta Sánchez a canción orixinal parodiada), e quería aproveitar para preguntar se alguén sabe da asistencia ao concerto.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS