A voltas co resultado electoral do pasado domingo

Pasada xa a resaca electoral quixera facer un repaso do que vin en distintos medios e que pode ser interesante, pero antes de nada, e a petición de Ana,...

Pasada xa a resaca electoral quixera facer un repaso do que vin en distintos medios e que pode ser interesante, pero antes de nada, e a petición de Ana, publico os resultados das distintas mesas electorais en Melide:
Amosar resultados por mesas ▼

Á vista destas cifras non é de sorprender a reacción entre as filas do Partido Popular melidense, que podemos ver nun vídeo que publicaron no seu blog:

Ao ver o vídeo o primeiro que soltei foi un ¡Santos, non molles a cámara!, e tamén quedei algo sorprendido polo acompañamento musical, pois agardaba que fose o Chegou o momento de Los Limones e non varios temas musicais dun cantante declarado demócrata 😛
Gustei de ver caras coñecidas e xente moza, pois está claro que iso de que os novos son de esquerdas ou non están interesados na política é un mito (por fortuna, hai de todo).

A vitoria popular en Melide contrasta cun detalle que destacan en La Voz:

Carlos Aymerich resopla mientras observa los resultados de la provincia de A CoruñaEl cinturón rojo del área metropolitana de Santiago tras las municipales del 2007 no ha opuesto resistencia al demoledor avance del PP en estas autonómicas. El PP ha arrasado en municipios como O Pino y Boqueixón, por encima del 60%, mientras los socialistas registran ligeros avances en Oroso y Vedra, donde gobiernan, además de en Brión, donde tienen su mejor resultado. El Bloque retrocedió en todos los municipios donde gobierna, excepto en Melide, donde repitió resultados. Los populares ganan en todas las comarcas de la zona de Santiago, si bien registran pequeños retrocesos en Ordes, o Negreira, donde los socialistas rentabilizan su acción de gobierno con pequeños avances. Solo en Santa Comba el PP retrocede cinco puntos.

Vaia, que a alcaldía en Melide logrou manter ao BNG nas autonómicas, aínda que dá a impresión de que nos vindeiros comicios municipais o novo pulo que colleu o PP vai provocar outro cambio de Goberno.

Pero mirando a prensa estatal o día despois tamén atopei cousas bastante curiosas. Comparemos, por exemplo, estas dúas portadas:
portada de El Mundoportada de El País
Sen que sirva de precedente teño que dicir que os de El Mundo foron os que fixeron auténtico xornalismo, repartindo por partes iguais os dous comicios autonómicos que tiñan lugar no 1 de marzo, mentres que a portada de El País pareceume lamentable, pois amosaba só unha suposta vitoria socialista á vez que ocultaba unha derrota. Non gusto dese tipo de manipulación.

Tampouco entendín moi ben as portadas de Público e do ABC:
portada de Públicoportada do ABC
¿Por qué poñen a Rajoy na portada? ¿A qué vén facer unha lectura centralista duns comicios autonómicos? E si, Público repartiu a portada dedicando o mesmo espazo a Galicia e a Euskadi (ben feito) mentres que o ABC sorprendeume moito por publicar unha fotografía na que Rajoy parece estar bailando a muiñeira.

Nos medios galegos, pola contra, houbo unanimidade ao colocar a Feijoo na portada celebrando a vitoria, aínda que a elección das fotografía nalgún caso é moi discutible:
portada de La Opiniónportada de El Progreso
A fotografía de La Opinión paréceme posta a moi mala idea, pois dá a impresión de que Feijoo fai un saúdo pouco democrático (menos mal que ergue a man esquerda), mentres que a de El Progreso serviría para pór un pé de foto coñón: Feijoo facendo autostop despois de pór á venda o Audi do Presidente da Xunta.

Para rematar, admito que hoxe quedei impresionado por un corte de Intereconomía TV que hai en YouTube no que aseguran que as fotografías publicadas por La Nación e que chegaron a ocupar a portada do ABC non son de 2005 como publicou El Correo Gallego, senón que eran efectivamente do pasado verán:

Sorprendeume que non se dixese antes, porque ao comparar as imaxes do Correo coas de La Nación/ABC vese que Quintana leva roupa diferente e distinta longura de pelo.
Pero iso o comento só cómo curiosidade, pois o que realmente foi escandaloso nas pasadas semanas é que calasen tantas manipulacións informativas emprendidas por todas as partes, e das que non transcende nunha a explicación formal e obxectiva. ¿Tan mal sábense defender publicamente os políticos? ¿Contrastaríanse mellor as informacións se houbese debates?

ACTUALIZACIÓN (4-3-2009): En La Voz publican unha interesante nova sobre posibles consecuencias dos resultados electorais:

El bipartito en funciones dejó comprometidos 13 millones de inversión en Melide y Arzúa
La partida más cuantiosa es de 5 millones para un centro de discapacitados
El cambio de color político que los electores gallegos decidieron propiciar el pasado domingo en la Xunta de Galicia pone en jaque las inversiones comprometidas por el hoy bipartito en funciones, que, en Arzúa y Melide, dos de los concellos donde gobiernan sus respectivas formaciones, dejaron presupuestada para diferentes actuaciones la friolera cantidad de 13.228.661 euros. El Partido Popular será ahora el que decida continuar con los trámites administrativos que PSOE y BNG iniciaron para avanzar en la ejecución de los diferentes proyectos, que equivalen, en el caso de Melide, a una inversión de unos 10.508.000 euros. En Arzúa, el respaldo económico en proceso asciende a 2.720.661 euros.
La actuación más ambiciosa de todas las proyectadas por el ejecutivo saliente de la Xunta es el centro de atención a discapacitados, que está previsto se construya en Melide para dar cobertura a toda la provincia coruñesa. La vicepresidencia autónoma, del BNG, reservó para las obras 5 millones de euros. Las restantes inversiones pendientes en el municipio melidense han sido presupuestadas en su mayoría por consellerías gestionadas por la formación a la que representa Socorro Cea, alcaldesa nacionalista que forma coalición con el PSdeG.
La Consellería de Industria reservó 3 millones para la rehabilitación integral de las aldeas de O Leboreiro y Furelos, 628.000 euros para la reforma del albergue de peregrinos, 435.000 para la recuperación de dos viviendas en el casco urbano como centro de interpretación del Camino de Santiago, y 367.000 euros para la instalación de una depuradora de residuales en el polígono industrial. Asimismo, las Consellerías de Medio Ambiente y de Sanidade, ambas del PSdeG, dejaron presupuestados 578.000 euros para dotar de servicio de saneamiento la parroquia de San Martiño das Varelas y 500.000 euros para la ampliación del centro de salud, respectivamente.
El gobierno de Melide dice confiar «en que se leven a cabo todos os proxectos comprometidos polo bipartito».

A información paréceme moi imprecisa, pois fálase de proxectos comprometidos, o que supoño que corresponde a declaracións públicas dos responsables da Xunta e non a proxectos aprobados, polo que as cantidades serían ficticias. Interpreto iso porque de non ser así non tería sentido falar de compromisos, xa que un cambio de Goberno non pode anular unha actuación en curso, presupostada e aprobada, agás que fose ilegal.
En definitiva, que nos vindeiros meses teremos que estar pendentes do que chegará finalmente a Melide, que posiblemente sexa bastante menos do pensado, precisamente ante a posible desaparición dos departamentos da Xunta responsables das actuacións proxectadas, e austeridade prometida por Feijoo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS