Hai que ter sentidiño en Facebook

Nos últimos meses non paran de preguntarme polas ameazas á privacidade en Facebook, e eu sempre teño que soltar o mesmo rollo decindo que hai que utilizar o sentido...

Nos últimos meses non paran de preguntarme polas ameazas á privacidade en Facebook, e eu sempre teño que soltar o mesmo rollo decindo que hai que utilizar o sentido común, e utilizar as plataformas de redes sociais para o que son: comunicarse cos amigos. Non son un xeito de coleccionar contactos. Así, non hai que aceptar automaticamente todas as invitacións de amizade que recibimos (ou para xuntarnos a grupos cos que non temos nada en común) porque a longo prazo pode ser un problema.
Pero podemos deixar as preocupacións a un lado e tomalo con humor, coma Mark Parisi na súa tira Off The Wall:
Facebook nun xuízotailbook, o facebook para cans
Soltada a mensaxe, agora vén o spam: ¿sabedes que Alberto o do Estilo Rodríguez creou un grupo chamado me gustan los melindres de Melide? Xa conta con 32 membros, e agardemos que sexan moitos máis antes da Festa do Melindro o vindeiro 10 de maio.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS