Iron Man: Armored Adventures ou a teima de repetir os erros pasados

Onte vin o trailer de Iron Man: Armored Adventures, a nova serie de televisión da Marvel para 2009 e deume moito medo: ¿En verdade non aprenden dos erros? Porque...

Iron Man: Armored Adventures
Onte vin o trailer de Iron Man: Armored Adventures, a nova serie de televisión da Marvel para 2009 e deume moito medo:

¿En verdade non aprenden dos erros? Porque a serie parece que quere repetir a fórmula da serie de Spider-Man para a MTV (a que estaba feita en 3D pero emulando 2D) o que podería ser un fiasco absoluto.
Vale, o Iron Man queda chulo, pero os seres humanos resultan totalmente ridículos no trailer, parecendo que teñen tubos en vez de brazos. Desexo equivocarme, porque gustaba da anterior serie de animación do Home de Ferro que emitían en Antena 3, pero coido que o único xeito de que a nova serie funcione é sacando moito máis tempo a Iron Man que a Tony Stark, e dubido que pase tal.
Estes días poderán saír de dúbidas en San Diego, pois durante a Comic Con exhibirán un episodio enteiro (supoño que o primeiro) da nova serie que parece inspirada en Ultimate Iron Man.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS