Novas camisetas frikis

Hoxe en Bustedtees estrean varios modelos de camiseta (Go Ape), dos que non podo evitar destacar 2 que me pareceron mega-frikis: A Guitar Solo é unha das camisetas máis...

Hoxe en Bustedtees estrean varios modelos de camiseta (Go Ape), dos que non podo evitar destacar 2 que me pareceron mega-frikis:
Guitar Solo
A Guitar Solo é unha das camisetas máis actuais de Star Wars que se poden ver. ¿Quén podería facer mellor un Solo no Guitar Hero que o noso contrabandista galáctico favorito?
Shredder
Shredder, pola súa banda, é un deseño que gustará a moitos nostálxicos, aínda que só entenderán os que coñezan o nome en versión orixinal do Desfibrador (ou Despedazador). Como shredder en inglés tamén é unha destructora de documentos, parece evidente que tamén pode servir para desfacerse das Tartarugas Mutantes 😉
¡Pobre Michelangelo!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS