Vídeo musical dos coellos tolos

Os coellos tolos dos xogos de Rayman xa contan cun vídeo musical recompilando os vídeos promocionais do seu último xogo: Despois de ver tal marabilla o que non entendo...

Os coellos tolos dos xogos de Rayman xa contan cun vídeo musical recompilando os vídeos promocionais do seu último xogo:

Despois de ver tal marabilla o que non entendo é por qué non hai ningún guionista que se anime a facer unha película con eses tolanbráns. Pero, ¿por qué falo hoxe dos coellos? Pois porque hai 2 días pegaron xunto o ascensor do portal o seguinte aviso:
por favor no dejen comida al conejo
¿A qué vén a conto? Pois resulta que no garaxe temos vivindo dende hai case 2 meses a un coello. Eu véxoo se algún día chego tarde a casa e estou flipando coa polémica que está a crear o animaliño, pois hai veciños que prefieren metelo na cazola e outros que lle botan de comer. A min resúltame indiferente (aínda que debo de ser o único no edificio que lle chama Paulo, coma o escritor) pero paréceme curioso que a barreira entre unha mascota e un produto de consumo alimenticio sexa tan fina. ¿Onde poriades vós a división?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS