Os Lunnis escolarizan ó blog de Xaime

Xaime comparou nos pasados días un par de fotos por mor dunha metida de zoco en La Voz (que ilustraron unha nova sobre os Lunnis e Barrio Sésamo cunha...

Xaime comparou nos pasados días un par de fotos por mor dunha metida de zoco en La Voz (que ilustraron unha nova sobre os Lunnis e Barrio Sésamo cunha fotografía na que se parodiaba a famosa foto familiar dos Reis cos seus netos):
Curiosa páxina de La Voz
A Familia Lunni
A Familia Real
Este tipo de retoques nacen de Milinkito, onde hai moitos máis retoques, pero como hoxe publicaron unha ligazón ó blog de Xaime dende o de Nacho Escolar… ¡Xaime quedou sen hosting web! Supoño que superaría nunha hora o tráfico mensual contratado, polo que lle suspenderon o servizo. Cando antes pasaba tal por que a un o ligaban dende Barrapunto falábase de webs barraputeadas, pero agora, ¿que podemos dicir? Xaime, acabas de ser escolarizado 😛
ACTUALIZACIÓN: Neste momento parece que está arranxado o poblema do blog de Xaime, o que fará que a súa popularidade suba enormemente por todas esas visitas que lle chegarán dende o blog de Escolar.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS