David Hasselhoff segue a dar caña (e fai burla de si mesmo)

David Hasselhoff, non conforme con saír polas tardes na TVG facendo de Mich Buchanan, ameaza cunha xira coma cantante que afortunadamente se pospuxo e para promocionar de novo a...

David Hasselhoff, non conforme con saír polas tardes na TVG facendo de Mich Buchanan, ameaza cunha xira coma cantante que afortunadamente se pospuxo e para promocionar de novo a súa carreira non se lle ocorreu outra cousa que sacar unha versión da canción Jump In My Car parodiándose a si mesmo coma Michael Knight no Coche Fantástico:

¡Ai, este Michael xa non sabe o que facer!
Por certo, a canción orixinal é de 1975, e é obra do Ted Mulry Gang. Vese que non lle chegou con facer unha versión friki do Hooked on a feeling.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS