A evolución do baile

Pasándome polo blog de Riki vin un vídeo que está a ser o éxito da semana, xa que amosa ó bailarín-humorista Judson Laipply facendo unha curiosa interpretación da evolución...

Judson LaipplyPasándome polo blog de Riki vin un vídeo que está a ser o éxito da semana, xa que amosa ó bailarín-humorista Judson Laipply facendo unha curiosa interpretación da evolución do baile nos últimos anos (e incluso pasa de bailar a Macarena, aínda que se atreve con El Baile de los Pajaritos). O clip dura 6 minutos e xa o viron 27.576.630 veces en YouTube, o que o converte no meirande éxito no servizo de hospedaxe de vídeos, xa que superou ó mitiquísimo tema de Pokémon.
O curioso vídeo xa é un dos meirandes éxitos da Internet, e xa falan do fenómeno en Chuza! e no blog da Apocalipse do porco, pero vendo o tremendo que é o vídeo xa me imaxino que nos vindeiros días aparecerá en todo canto blog coñezo, así coma nos programas de zapping da televisión e é que non é para menos. O Laipply sáese do mapa:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS